ESPECTÁCULO DE RUA (ou de onde faga falta)
Isla Le Triska presenta este delirante espectáculo no cal combina disciplinas de Novo Circo: malabares, paiaso, equilibrios... con excentricidades e xogos co público.
Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprenderá a todos realizando proezas como: malabares incribles, memorizar centos de nomes, darlles novos usos a obxetos cotiáns, pelexar co público ou converter a un neno nun grande artista de circo.
Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobretodo tontería, moita tontería. Pequenos e grandes sacarán ó tolo que levan dentro.