miércoles, 19 de octubre de 2011

Montaña rusa (vida e obra de Fermín Noite)

Espectáculo de sala



Fermín Noite, un freaky en crise, está disposto a facer o que sexa por cambiar de vida. Enfermo, abandoado e despedido, probará sorte nos máis extraordinarios traballos mentres explica as razóns que o levaron a esta dramática situación. Cun humor ácido e delirante, Fermín Noite trasládanos ó seu absurdo mundo de paiaso lúcido. Fainos rir da súa estúpida vida, pero en realidade rímonos de nós mesmos.
Circo, teatro e audiovisual fusionados nun espectáculo unipersoal.